O 7 de xullo de 2007, no Suplemento Cultural da Opinión, Saberes, saÃa unha reseña de O alento da musa, deita por Ramón Nicolás, que me pasara desapercibida no seu momento e que hoxe recupero, malia non augurarme un grande futuro:
Da man da editora ourensá Difusora, e inaugurando a denominada Colección Literal, chega esta novela de Alberte Momán baixo o tÃtulo d’O
alento da musa, autor coñecido até o de agora por resultar galardoado en diversos certames como Francisco Añón e o RosalÃa de Castro de Cornellá no xénero poético, ou o Narrativas Quentes de Edicións Positivas, alén da súa participación en diversas obras de carácter colectivo. O autor achégase nesta entrega aos eidos da ficción realista a través do relato que nos chega principalmente da voz dunha muller que, co adaxo de contar as súas experiencias, afonda sen prexuÃzos e desde unha atalaia desinhibida, nas súas vivencias abeiradas aos sentimentos da soidade, da incomunicación, as súas relacións persoais, o desexo de maternidade ou as duras condicións laborais ás que está sometida. E todo isto articúlase a través dunha estrutura que xira arredor de tres grandes bloques interrelacionados entre si pola (re)aparición de diversos personaxes. A querenza polo fragmentarismo, mesmo polo trazo narrativo contundente aliviado de barroquismos, e a invitación sutil a que o lector vaia completando por si mesmo un mosaico de situacións e incertezas coido que é un dos grandes acertos da novela, especialmente palpábel, ao meu ver, na p r i m e i r a parte da novela, dominada pola contención e mesmo con certas páxinas brillantes. De aquà en adiante o lector sente que a liña argumental vai ensarillándose de tal xeito que aos poucos aumenta certa sensación de desorientación e o cúmulo de casualidades que concorren provocan que a verosimilitude, sempre necesaria dentro dos códigos realistas nos que opera, vaia esmorecendo e cada vez máis se vaian perdendo as doses de complicidade que até o momento se concederan con satisfacción. Fóra disto é doado rastrexar certa mudanza, un tanto incomprensÃbel, na tonalidade narrativa pois velaà os discursos e diálogos moito máis formalizados que se atopan nas páxinas finais da novela. Con todo, esta peza non agocha, ao meu ver, un autor con proxección, que sabe moverse con axilidade nos ámbitos da narración e do que cómpre agardar novos retos e propostas narrativas. O libro inclúe, ademais, unha plaquette con dez breves e esencialistas poemas do autor baixo o tÃtulo de Déixanse levar, desde os que afonda na construción dun exercicio, lÃrico agora, da memoria e das derrotas, acaÃdo coa súa proposta narrativa.


